Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece Ulpiano Villanueva, interventor do Consello de Contas e expresidente da Atriga

Falece Ulpiano Villanueva, interventor do Consello de Contas e expresidente da Atriga

Nacido en Santiago en 1971, era funcionario da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia

G24.gal 20/02/2024 18:37 Última actualización 20/02/2024 19:02

Ulpiano L. Villanueva (Santiago de Compostela, 1971), interventor do Consello de Contas e exdirector da Axencia Tributaria de Galicia, faleceu este martes.

Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais por Icade, foi funcionario pertencente á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Ao longo da súa traxectoria tamén desempeñou diferentes postos na Intervención Xeral da Administración autonómica galega (subdirector xeral de fiscalización e interventor delegado) e foi secretario xeral do Consello de Contas de Galicia e xefe de gabinete da Consellería de Facenda.

O presidente da Xunta en funcións amosaba o seu pesar polo pasamento de Ulpiano Villanueva nas redes sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade