Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o doutor Cobián, médico do Deportivo entre 1991 e 2007

Falece o doutor Cobián, médico do Deportivo entre 1991 e 2007

Padecía un cancro de pulmón, detectado en novembro do 2020

G24.gal 28/12/2021 11:20

César Cobián  (A Coruña, 26 de outubro de 1957), médico do R. C. Deportivo durante case dúas décadas, faleceu aos 64 anos de idade.

O doutor Cobián estivo vinculado ao club entre 1991 e 2007, polo que formou parte do equipo que conquistou os seis títulos oficiais do Deportivo. Cobián comezou traballando de xeito conxunto co doutor Barbeito Couceiro ata que tras a xubilación deste, en 1994, asumiu a coordinación dos Servizos Médicos do R. C. Deportivo.

Cobián abandonou o R. C. Deportivo no verán de 2007, cando xa levaba oito anos compartindo labores co doutor Barral, para mudarse á Comunidade Valenciana. Alí, o doutor Cobián tamén dirixiu os servizos médicos de C. D. Castellón, Hércules C. F., C. D. Alcoyano e Orihuela C. F.

O galeno coruñés tamén foi responsable médico da Federación Galega de Natación, do OAR de balonmán e da selección de fútbol de Guinea Ecuatorial durante a Copa de África de Nacións de 2012, membro da Comisión Antidopaxe do Consello Superior de Deportes e presidente da Asociación Española de Médicos de Fútbol.

Hai pouco máis dun ano, o doutor Cobián deixaba o seu traballo no Hospital IMED de Elxe para regresar á súa cidade e iniciar un tratamento contra un cancro de pulmón que desgraciadamente non puido superar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos