Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece no Gran Sol un tripulante do pesqueiro Novo Alborada ao caer á auga

Falece no Gran Sol un tripulante do pesqueiro Novo Alborada ao caer á auga

O corpo foi recuperado e trasládano arestora cara o porto de Vigo

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 15/02/2023 16:20 Última actualización 15/02/2023 18:27

Un tripulante do pesqueiro vigués Novo Alborada faleceu tras caer á auga cando pescaban a 165 millas das illas Sorlingas, no caladoiro do Gran Sol.

Trátase dun mariñeiro ghanés de 52 anos que no momento do accidente traballaba na popa do arrastreiro.

Segundo informou Salvamento Marítimo, o corpo do pescador falecido foi recuperado da auga este mércores e atópase a bordo do pesqueiro no que traballaba.  

O barco arrastreiro , pertencente á armadora José Cesáreo, diríxese agora a Vigo, onde ten o seu porto base.  

Tras coñecerse a noticia, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, trasladou o seu pesar pola morte deste traballador e púxose disposición da armadora para prestar "todo o apoio necesario".

O Centro de Coordinación de Salvamento en Fisterra tivo a primeira noticia ás 5:44 da pasada madrugada, cando recibiu vía satélite o aviso de que un home caera á auga.

Posteriormente, Salvamento Marítimo alertou as autoridades británicas, xa que o buque galego se atopaba en augas de salvamento daquel país.

Ambas entidades contactaron con tres barcos que estaban na zona: o 'Brisas Pituxinas', o 'Canto Novo' e o 'Santa Viola'.

Finalmente, o náufrago foi avistado polos seus compañeiros de tripulación e recuperado da auga por un mercante, un dos buques que se mobilizaron tras o suceso, e o propio pesqueiro.

O 'Novo Alborada' partira rumbo ao Gran Sol o pasado luns 13 de febreiro desde o porto de Marín). 

Agárdase que este venres chegue ao porto de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar