Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece aos 68 anos a actriz galega Rosalía Dans

Falece aos 68 anos a actriz galega Rosalía Dans

Apartada da interpretación desde comezos dos anos noventa, dedicouse á pintura

G24.gal 18/03/2024 21:17

A actriz e pintora galega Rosalía Dans faleceu aos 68 anos, segundo informou o Concello de Curtis este luns.

Filla da artista María Antonia Dans, Rosalía Dans deu o salto á popularidade co seu papel de Rosario na serie de TVE Los gozos y las sombras (1982).

Así se converteu nun rostro popular na pequena pantalla nos anos oitenta, en series como Anillos de oro (1983), Goya (1985), Las aventuras de Pepe Carvalho (1986) ou Lorca, morte de un poeta (1987). Na longametraxe, destaca o seu papel en Amanece, que no es poco (1989), de José Luis Cuerda.

Nun comunicado, o Concello de Curtis mostra as súas condolencias por unha muller que "sempre mostrou un constante interese, dedicación e compromiso no benestar do pobo".

Apartada da interpretación desde comezos dos anos noventa, dedicouse á pintura. A súa primeira exposición data de 1986.

Precisamente, a pasada semana inaugurouse a casa-museo de María Antonia Dans, co agradecemento á súa filla Rosalía Dans pola súa colaboración para a compra da casa e da parcela para facer realidade este proxecto, o cal honrará a figura da súa nai e "servirá de galería a outros artistas", segundo explicaba a propia Rosalía nunha carta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos