Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Falece a muller de 77 anos atropelada este luns nun paso de peóns en Cangas
Non puideron facer nada por salvarlle a vida á muller, que fora trasladada inconsciente por unha ambulancia
A condutora do vehículo, segundo declarou, quedara cegada polo sol
            
                            G24.gal
                        
                            05/04/2022 12:14
                        
                        
                        
                        
                    
                    Falece a muller de 77 anos atropelada na mañá de onte nun paso de peóns en Cangas. Nada puideron facer por salvarlle a vida á muller, que fora trasladada inconsciente por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario de Vigo.
O atropelo, que tivo lugar na avenida de Lugo, ocorreu arredor das nove e media da mañá e a condutora do vehículo, segundo declarou, quedara cegada polo sol, o que lle impediu esquivar a vítima.