Cargando resultados...
Falece a actriz Anne Heche despois dun accidente de coche
Falece a actriz Anne Heche despois dun accidente de coche
Estaba conectada a un soporte vital tras o accidente
G24.gal
12/08/2022 21:36
A actriz Anne Heche faleceu este venres aos 53 anos. Foi desconectada do soporte vital no hospital en que ingresou hai unha semana tras sufrir un accidente de tráfico nos Ángeles.
O coche que conducía estrelouse contra unha casa e ardeu. A protagonista de 'Sete días e sete noites' sufriu queimaduras e danos cerebrais irreversibles. A familia autorizou a doazón dos órganos que sexa posible cumprindo o desexo da actriz.