Publicador de contidos

Publicador de contidos

Facer unha tortilla custa un 30 % máis caro ca hai un ano

Facer unha tortilla custa un 30 % máis caro ca hai un ano

Ovos, patacas e aceite subiron entre un 20 e un 34 % no último exercicio

G24.gal 30/03/2023 16:42

É un dos pratos máis emblemáticos da nosa gastronomía e tamén está considerado un dos máis económicos, pero a alza de prezos fai que elaborar unha tortilla de pataca nunca custase tanto coma agora.

Os ovos, por exemplo, custan hoxe preto dun 30 por cento máis ca hai un ano, debido á suba dos custos de produción e á escaseza provocada pola gripe aviaria.

As patacas tamén subiron máis dun 20 por cento e o aceite de oliva, un 34 por cento.

Todo isto fai que elaborar unha tortilla sexa arredor dun 30 por cento máis cara que hai un ano, e, se o comparamos con antes da pandemia, custa case o dobre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade