Facer o Camiño, o plan desta Semana Santa
A cifra de peregrinos bate marcas neste mes de abril, un milleiro diarios
O vicepresidente da Xunta percorre un treito da ruta máis antiga, o Camiño Primitivo
Moitos dos que chegan a Galicia estes días fano peregrinando. Coma un peregrino máis, o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda percorreu este martes un treito da ruta máis antiga a Santiago, o Camiño Primitivo. Un itinerario que no pasado servía de conexión entre a Asturias interior e Lugo, que non deixa de medrar coa presenza de máis camiñantes estranxeiros.
"Foi o primeiro Camiño, e este abriu paso a todo o que significa o Xacobeo hoxe en día. O ano pasado o 6 por cento dos peregrinos que chegaron a Santiago fixérono a través deste Camiño. Este ano estamos vendo xa cifras marca neste mes de abril, no turismo en xeral, pero especialmente no Camiño de Santiago", dixo Rueda.