Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fabiola García: "É un curso histórico pola gratuidade da educación de 0 a 3 anos"

Fabiola García: "É un curso histórico pola gratuidade da educación de 0 a 3 anos"

A Xunta asegura que a medida converte Galicia nun referente a nivel nacional

O curso comeza cunha folga do persoal que depende do Consorcio Galego de Benestar

G24.gal 03/09/2022 11:47 Última actualización 03/09/2022 14:36

A conselleira de Política Social, Fabiola García, cualifica de "histórico" o curso que comeza por ser o primeiro ano en que as escolas infantís de cero a tres anos son totalmente de balde.

Nunha entrevista no informativo Bos Días da TVG, Fabiola García asegurou que máis de 30.000 familias se van beneficiar da medida que se pon en marcha nos centros da rede autonómica, os municipais, os privados e os de iniciativa social.

"Son máis de 50 millóns de euros os que imos investir nesta gratuidade total da educación infantil. Somos a primeira e a única comunidade autónoma en aplicar esta gratuidade, que é moi ben acollida por todas as familias de Galicia e o que nos transmiten todas as escolas infantís é que subiron de forma espectacular todas as matriculacións".

Segundo a Xunta, esta gratuidade converte Galicia nun "referente" a nivel nacional ao ser a primeira comunidade que pon en marcha unha iniciativa destas características.

"Nun momento tan difícil, nun momento cunha inflación de máis do 10 % é importante que a Xunta axude ás familias a aforrar eses 1.500 ata os 2.000 euros, e poidan levar o seu neno ou nena a unha escola infantil sen mirar cantos cartos entran nesa casa a final de mes".

O curso vai comezar cunha folga do persoal das escolas infantís que depende do Consorcio Galego de Benestar. A conselleira de Política Social asegurou que van garantir o funcionamento deses centros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade