Estremadura e as dúas Castelas, moi pendentes do nivel dos ríos
A atención está posta no nivel de media ducia de ríos que nas últimas 24 horas obrigaron a desaloxar máis de mil veciños nos concellos de Badaxoz, Jerez de los Caballeros, Plasencia e Coria
Na localidade pacense de Talavera la Real permanece pechada por inundación a saída da estrada N-5
A pesar da diminución na intensidade das precipitacións, Estremadura mantén activada a alerta por risco de inundacións.
A atención está posta no nivel de media ducia de ríos que nas últimas 24 horas obrigaron a desaloxar máis de mil veciños nos concellos de Badaxoz, Jerez de los Caballeros, Plasencia e Coria. Na localidade pacense de Talavera la Real permanece pechada por inundación a saída da estrada nacional 5.
Moi pendentes están tamén as autoridades de Castela-A Mancha do nivel dos ríos. O Alberche botouse por fóra ao seu paso pola localidade toledana de Escalona e 20 familias tiveron que ser evacuadas por precaución. En Cuenca, o caudal do Xúcar superou os 140 metros cúbicos por segundo, anegando as ribeiras e afectando varios veciños que tiveron que evacuar.
En Castela e León, o río Tormes baixa con moita auga ao seu paso pola cidade de Salamanca, pero polo momento non se rexistran desaloxos.