A Policía Local da Coruña evita a ocupación dunha casa en San Pedro de Visma
Os supostos ocupantes ilegais dixéronlles á policía que alugaran a vivenda por 900 euros
A propietaria xa interpuxo a correspondente denuncia
Herminda volvía esta mañá á súa casa, na que xa non vive desde hai anos, para comprobar que todo seguía en orde, porque o mércores á noite intentaron ocuparlla.
"Vimos colchóns aquí fóra e eu non sacara nada".
Sen perder tempo, alertaron a policía.
"Dixéronlles que lla alugaran a un marroquí por 900 euros".
Os axentes pedíronlles que abrisen a porta, pero a chave coa que o intentaron non entraba na pechadura. Así que non quedou outra que chamar un cerralleiro.
"Xa tiñan dentro catro colchóns e cousas. Pero sacaron todo. E a policía non se moveu de aquí ata que marcharon".
Desta volta lograron frustrar a ocupación. Pero o suceso amolou a veciñanza.
"Preocupa porque xa intentaron ocupar outras casas aí abaixo".
A propietaria xa interpuxo a correspondente denuncia.