Extinguidos ou controlados os grandes incendios forestais no resto de España
Cataluña e a Comunidade Valenciana pechan os espazos naturais por precaución
No resto de España, os principais incendios forestais están extinguidos ou controlados.
Cataluña e a Comunidade Valenciana pecharon algúns espazos naturais, para evitar o perigo de incendios.
Os dous grandes incendios nos montes de Ávila están controlados
Despois dunha semana de loita contra o lume nos montes do sur de Ávila, a xunta de Castela e León considera controlado o incendio. As lapas deixaron tras de si mil hectáreas arrasadas e catro bombeiros feridos. Na mesma provincia de Ávila tamén está controlado o incendio de Cebreros, que comezou hai case un mes e que queimou máis de 4.200 hectáreas.
Os gobernos de Cataluña e de Valencia pechan, por precaución, os espazos naturais
E outro lume controlado nas últimas horas é o de Cañamares, en Cuenca, onde as lapas queimaron 250 hectáreas de piñeirais e monte baixo. As altas temperaturas e a seca reinante levaron os gobernos de Cataluña e a Comunidade Valenciana a pechar os seus espazos naturais, para evitar o risco de incendios.