Cargando resultados...
Extinguido o incendio de Palas de Rei, que calcinou 14 hectáreas en total
Para a súa extinción mobilizáronse cinco técnicos, 13 axentes, 24 brigadas, 21 motobombas, unha pa, tres helicópteros e oito avións
G24.gal
04/08/2026 10:22
A Consellería do Medio Rural deu por extinguido desde as 22:00 horas deste luns o incendio rexistrado no concello lucense de Palas de Rei, que finalmente calcinou 14 hectáreas.
En concreto, o lume orixinouse na parroquia de Cuíña ás 17:58 horas do domingo e finalmente afectou a sete hectáreas de monte arboredo e sete de monte raso.
Para a súa extinción mobilizáronse cinco técnicos, 13 axentes, 24 brigadas, 21 motobombas, unha pa, tres helicópteros e oito avións.