Publicador de contidos

Publicador de contidos

A icónica Polaroid na Fundación Barrié ata xullo

A icónica Polaroid na Fundación Barrié ata xullo

Na mostra poden verse algúns dos prototipos da primeira cámara de fotos instantáneas

G24.gal 13/03/2023 21:13

Foi a primeira cámara de fotografía instantánea, moito antes da dixital. A Polaroid foi creada en 1948 por Edwin Land e na mostra poden verse algúns dos seus prototipos.

Diego Rodríguez, responsable de Cultura e Patrimonio da Fundación Barrié explica: "Edwin Land foi pioneiro no deseño do produto e é un precedente de Apple. Ás veces, as cámaras proceden de modelos que non parten de criterios de funcionalidade senón da estética. Aquí vemos unha caixa de madeira que no fondo non é outra cousa que un iPhone; é a cámara do futuro". 

Ao longo da súa existencia, esta tecnoloxía instantánea converteuse en ferramenta artística tanto para profesionais da fotografía como doutras disciplinas.

"Ademais funciona como elemento de investigación dentro do fenómeno artístico. Por exemplo, temos outra sección que se chama Disposicións, que trata dun fenómeno artístico que se vén facendo hai moitísimo tempo, que é o bodegón", afirma Rodríguez.

Proxecto Polaroid, que amosa na Fundación Barrié da Coruña máis de 300 pezas, afonda nesa relación da arte coa tecnoloxía fotográfica.

"Son fotos que invitan a contemplalas porque realmente teñen unhas calidades ás veces pictóricas que teñen moito que ver co surrealismo e tamén co hiperrealismo de certas correntes surrealistas", engade Diego Rodríguez. 

A exposición, que chega por primeira vez a España, poderá visitarse na Coruña ata o mes de xullo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade