Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña comezará a cobrar a taxa turística o 29 de setembro

A Coruña comezará a cobrar a taxa turística o 29 de setembro

Será a primeira cidade galega en facelo, Santiago comezará en outubro

Os hostaleiros recadarán a taxa e farán liquidacións semestrais 

Os cruceiristas quedan exentos de pagala ata xaneiro de 2025

G24.gal 28/08/2025 15:07

Despois de máis de dúas horas de reunión, Concello e hostaleiros da Coruña puxeron data para comezar a cobrar a taxa turística na cidade.

"A Coruña será a primeira cidade de Galicia en implantala, a partir do 29 de setembro. Imos destinar todos eses recursos a servizos públicos e ao fomento dun turismo sostible", di José Manuel Lage Tuñas, concelleiro de Economía da Coruña.

Dependendo da categoría do hotel ou apartamento, os turistas pagarán ata dous euros e medio por noite, cun máximo de 5 días de estancia. Os establecementos aboarán a taxa a través dunha plataforma dixital con dúas autoliquidacións.

"O cliente abona a taxa na recepción, nós facemos despois unha liquidación semestral para trasladar os cartos ao Concello" explica Agustín Collazos, presidente da Asociación empresarial de Hospedaxe da Coruña, Hospeco.

A recarga contempla excepcións para menores, estancias por motivos médicos, persoas con discapacidade, congresistas ou deportistas de competición. O tratamento deses datos é unha das cuestións que mais preocupa ao sector.

"Temos que facer axustes informáticos e de seguridade, manexaremos información sensible de clientes, como certificados médicos", engade o presidente de Hospeco.

Os cruceiristas quedan exentos, pero só ata a xaneiro do ano que vén, que comezarán a pagar a taxa turística da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade