Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estoupa un bus urbano de Vitrasa tras arder no centro de Vigo

Estoupa un bus urbano de Vitrasa tras arder no centro de Vigo

Sucedeu á altura da rúa Urzaiz, no cruzamento con Colón

Non houbo feridos, pero houbo que desaloxar con rapidez os pasaxeiros

O autobús de Vitrasa envolto en lapas/ Xesús Bastos
G24.gal 30/04/2023 23:11 Última actualización 01/05/2023 11:35

Pasaba das dez e media da noite. O autobús urbano de Vitrasa estaba estacionado na parada da Farola de Urzaiz, no centro de Vigo. Comezou a arder pola parte de atrás por causas que aínda se descoñecen e que está investigando a Policía Nacional, mesmo se foi un incendio intencionado.

Inda que nun primeiro momento se informou que levaba pasaxeiros, ao parecer no momento de iniciarse o lume, estaba baleiro. A conductora puido saír a tempo e non sufriu dano ningún. Pouco despois de empezar a arder, producíanse varias explosións e as lapas envolveron o vehículo todo. 

Ata o lugar desprazáronse dúas dotacións de bombeiros e a Policía Nacional e a local, para apagar as lapas e controlar o tráfico. O autobús sinistrado era un vehículo novo, híbrido de última xeración, recentemente adquirido pola compañía. Llevaba circulando desde o mes de marzo.

O lume, que consumiu totalmente o bus urbano, quedou sufocado unha hora despois, sobre as once e media da noite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade