Expediente aberto a Miguel Llorente, adestrador do Deportivo feminino
Tamén foi apartado da dirección do equipo mentres dure a investigación
Kevin Cabado é o seu substituto momentáneo
Aclara o Deportivo que non se investiga ningunha conduta con connotación sexual ou violenta

Expediente aberto a Miguel Llorente, o adestrador do Deportivo feminino. Tamén foi apartado da dirección do equipo.
Esta decisión do Deportivo por feitos e condutas supostamente realizadas por Miguel Llorente estritamente relacionadas co ámbito futbolístico e lonxe de calquera episodio con connotación sexual ou violenta.
Mentres non se pecha o expediente aberto, Miguel Llorente está apartado do posto que ocupa. Kevin Cabado é o seu substituto momentáneo. Esta mañá xa levou o adestramento.
#ASNOSAS | Comunicado do RC Deportivo https://t.co/FXy8UYfUfs pic.twitter.com/vsBiTgANR6
— RC Deportivo (@RCDeportivo) March 24, 2022