Publicador de contidos

Publicador de contidos

Expectación por cal vai ser a fórmula do Goberno para reducir a suba das peaxes

Expectación por cal vai ser a fórmula do Goberno para reducir a suba das peaxes

O Goberno aínda non anunciou que método vai aplicar a partir do 1 de xaneiro

Peaxe na AP9
G24.gal 27/12/2022 14:49

O Goberno xa anunciou que a suba non será do 8,4 % que pediran as concesionarias, pero a día de hoxe aínda non anunciou que fórmula vai utilizar para frear o incremento do prezo das peaxes, o que está provocando desconfianza entre os usuarios.

Poucos días antes do 1 de xaneiro, a negociación continúa. A semana pasada barallaban a posibilidade de que esa suba se repartise entre os usuarios e a Administración ou incluso de chegar a un acordo coas concesionarias para rebaixala.

A AP-9 é unha das autoestradas máis caras de toda España, polo que algúns van optar por non usala.

Do que si nos imos librar é do pago do 1 % que dende o 2018 estamos realizando para compensar a Audasa polas obras de mellora tanto de Rande como da circunvalación de Santiago. Será o Goberno quen sen faga cargo desa compensación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos