Extinguido o incendio, sen feridos, no hospital Santa Lucía de Cartaxena
O lume, que afecta a terraza e as fachadas, comezou arredor das 7:30 deste mércores
Os enfermos evacuados están a distribuírse por outros centros
Os bombeiros controlaron pasadas as oito da mañá deste mércores o incendio, sen feridos, orixinado nunha terraza do Hospital Universitario Santa Lucía de Cartaxena, que se propagou pola fachada e varias plantas do complexo como consecuencia do vento e obrigou á evacuación de traballadores e pacientes.
El incendio en el Hospital Santa Lucía (@Area2Cartagena) de #Cartagena está controlado.
— Gobierno de la Región de Murcia (@regiondemurcia) November 26, 2025
👉🏼 El plan de Autoprotección y Emergencias se ha activado y se han evacuado cuatro plantas de hospitalización.
👉🏼 El Servicio Murciano de Salud (@Murciasalud), junto a los profesionales…
A alcaldesa de Cartaxena, Noelia Arroyo, informou de que unha dotación de vinte bombeiros se mobilizou para extinguir o lume, que se iniciou na terraza do bloque 5 do hospital e se propagou rapidamente polas plantas terceira e quinta desa zona.
EFE
Segundo a rexedora, o plan de emerxencias do hospital activouse de forma inmediata e levou ao desaloxo dos pacientes ingresados nos cuartos próximos ao lume.
Como consecuencia do vento, o incendio propagouse pola fachada e afectou tamén os bloques seis e catro, sinalou Arroyo.
Tanto os cuartos coma os aseos das plantas afectadas polo intenso fume están a ser revisados polos bombeiros, que deron por controlado o lume aos 20 minutos do seu inicio.
A alcaldesa sinalou que todos os efectivos do Servizo de Salvamento e Extinción de Incendios do Concello de Cartaxena están despregados e que a Policía Local aconsella os condutores evitaren a circulación de vehículos particulares polas inmediacións do hospital para facilitar o labor dos servizos de emerxencia.
Pola súa banda, o presidente da comunidade autónoma, Fernando López Miras, que este mércores participa no congreso de directivos empresariais CEO Congress, confirmou que o incendio iniciado está xa extinguido e non houbo feridos, aínda que foi necesario evacuar catro das súas plantas.
A esta hora, os enfermos evacuados están a distribuírse por outros centros: medio centenar deles foron trasladados ao hospital Santa Maria del Rosell, tamén en Cartaxena, mentres que outros se están derivando a Los Arcos del Mar Menor.
O lume iniciouse ás 07:25 horas desta mañá por causas que se descoñecen na terraza dun dos seis bloques que conforman o hospital universitario e xerou decenas de chamadas de aviso ao teléfono de emerxencias 112.
EFE/ Marcial Guillén