Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio forestal en Alxeciras obriga a evacuar varios casaríos

Un incendio forestal en Alxeciras obriga a evacuar varios casaríos

Tamén confinaron unha urbanización en Getares

G24.gal 17/09/2023 08:16 Última actualización 17/09/2023 09:38

Un incendio forestal declarado en Canillas, no municipio gaditano de Alxeciras, obrigou a desaloxar esta madrugada a veciñanza de varios casaríos e a confinar unha urbanización en Getares. O lume afecta unha parte do Parque Natural do Estreito.

O incendio declarouse sobre as seis e media da tarde do sábado, pero esta madrugada a delegada do Goberno andaluz en Cádiz, Mercedes Colombo, activou o nivel 1 do Plan de Emerxencias ante Incendios Forestais da Comunidade Autónoma (Infoca).

Mobilizáronse nove grupos de bombeiros forestais, tres técnicos de operacións, un de extinción, un axente de Medio Ambiente, catro autobombas, un vehículo subministrador, a Unidade Móbil de Meteoroloxía e Transmisións (UMMT), maquinaria pesada e unha Unidade Médica de Incendios Forestais (UMIF).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade