Cargando resultados...
Europa vai deixando atrás as medidas anticovid implantadas hai dous anos
Nalgúns países xa retiraron a obrigatoriedade da máscara en interiores
G24.gal
28/03/2022 19:09
Desde o 28 de marzo os positivos asintomáticos xa non terán que illarse. España e outros países europeos suavizan a vixilancia da covid, na liña que iniciou Gran Bretaña hai máis dun mes.
Pouco a pouco van desaparecendo tamén as restricións, e a máscara en interiores ten os días contados.
Nalgúns países xa é historia. En España estudan eliminar a súa obrigatoriedade en espazos pechados en datas próximas á Semana Santa.