Publicador de contidos

Publicador de contidos

Europa suma marcas de contaxios e amplía as restricións

Europa suma marcas de contaxios e amplía as restricións

En Francia un grupo de sanitarios pide que se adíe a volta ao cole

G24.gal 26/12/2021 14:00

Francia superou por primeira vez os 100.000 contaxios nun día. Italia tamén tivo marca de positivos, con máis de 50.000 en 24 horas. Portugal anda por riba dos 10.000, unha cifra á que non chegaba desde hai case un ano. En Alemaña, pola contra, levan semanas á baixa nas infeccións. As autoridades sanitarias do país cren que é reflexo de que a vaga vecellada á variante delta remite pero temen que os casos volvan subir en xaneiro da man da ómicron.

Ante esta situación, as restricións van a máis. Portugal, por exemplo, emprendeu esta fin de semana un período de contención, con peche do ocio nocturno, teletraballo obrigatorio e proba negativa para entrar en hoteis, espectáculos culturais e recintos deportivos. Ademais atrasa as rebaixas para evitar aglomeracións.

Bélxica pecha desde hoxe cines, teatros e salas de concertos e baleira as bancadas dos estadios. O sector da cultura convocou unha protesta e anuncia accións legais.

As autoridades francesas reúnense mañá para tomar medidas novas. Un grupo de sanitarios pediulles que engadan o adiamento da volta ao cole. Advirten dun aumento inédito entre os nenos da síndrome inflamatoria multisistémica asociada ao coronavirus.

Mentres, trátase de avanzar na vacinación, que vai a un ritmo desigual, con porcentaxes altas de vacinados nos países do sur do continente e reducidas nos do leste, con maior reticencia entre a poboación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade