Publicador de contidos

Publicador de contidos

A tormenta Eunice xa deixa polo menos oito mortos en Europa

A tormenta Eunice xa deixa polo menos oito mortos en Europa

Refachos de vento de case 200 quilómetros por hora na peor tormenta en décadas

Afectou o tráfico aéreo e marítimo, con centos de viaxes canceladas

G24.gal 18/02/2022 21:28

Eunice, a peor tormenta en décadas, tocou terra no noroeste de Europa con refachos de vento de case 200 quilómetros por hora.

O vento furacanado obrigou a cancelar centos de voos. O temporal afectou tamén o tráfico marítimo e puntualmente o tráfico ferroviario pola caída de árbores sobre as vías.

No Reino Unido obrigou a decretar a alerta vermella. Tamén Irlanda, Alemaña, Francia, Países Baixos, Bélxica e Dinamarca están en diferentes niveis de alerta.

Eunice xa causou polo menos oito vítimas mortais en varios destes países. Tres corresponden a Países Baixos, tres ao Reino Unido, unha a Bélxica e outra a Irlanda. Está previsto que a borrasca chegue a España durante a fin de semana.

no sur do Reino Unido a tormenta deixou sen luz 200.000 familias. As autoridades dos países afectados pídenlle á poboación que non saía da casa ata que pase o peor do temporal.

A tormenta orixinouse no Atlántico central e desprazouse desde Os Azores ata Europa con vento extremo que supoñen "un perigo para a vida", segundo a Oficina Meteorolóxica británica.

A pesar de que se pecharon praias e paseos marítimos, víronse escenas de persoas que se achegaban ao mar para fotografar a forte e espectacular ondada na costa.

Tres mortos nos Países Baixos

Hai polo menos tres mortos nos Países Baixos, nas inmediacións de Ámsterdam, vítimas da caída de árbores mentres camiñaban, circulaban en coche ou en bicicleta.

Os fortes refachos de vento paralizaron a vida pública de gran parte do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade