Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ethel Vázquez: "Pedimos un plan de conservación anual das estradas nacionais"

Ethel Vázquez: "Pedimos un plan de conservación anual das estradas nacionais"

A conselleira de Infraestruturas reitera a disposición da Xunta para axudar a recuperar a normalidade na N-642 en Burela

Asegura que Galicia, Asturias e Castela e León demandarán un trato "xusto" para o corredor atlántico no cumio do 27 de xaneiro

Calcula un sobrecusto duns 30 millóns de euros nas obras públicas por mor da inflación 

G24.gal 22/01/2023 10:56 Última actualización 22/01/2023 14:48

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, pídelle ao Ministerio de Transportes que active un plan anual de conservación de estradas estatais.  Nunha entrevista no Galicia por Diante fin de semana da Radio Galega, asegura que na Xunta teñen claro a necesidade de apostar por este tipo de actuacións.

No que atinxe ás vías de titularidade estatal, e á marxe da fochanca que mantén cortada a N-642 á entrada de Burela, Vázquez alude ás peticións xeneralizadas da necesidade de mellora.

Asegura que "está en boca de todo o mundo, é un clamor de moitos alcaldes, dos transportistas de mercadorías alertando da falta de conservación das estradas de titularidade do Estado. Hai un déficit de conservación na capa de rodadura".

"A nosa prioridade dende logo en materia de conservación é fundamental porque entendemos que actuar a tempo é aforrar no futuro. Nese sentido pedimos un plan de conservación anual, cíclico e periódico nas estradas nacionais porque as estradas competencia do Estado -como vemos na Mariña- son eixes fundamentais estruturantes na mobilidade"

"Máxima disposición"

Respecto á focha na N-642 que afecta ao acceso do concello de Burela, Ethel Vázquez expresou a "máxima disposición" da Xunta "para axudar e colaborar" en todo o posible.

Así mesmo a conselleira revelou que ata o sábado á tarde ninguén da Subdelegación do Goberno contactara coa Xunta para falar do tema.

Para Ethel Vázquez, esta vía é "fundamental" para a comunicación por estrada da Mariña, polo que o impacto da incidencia no ámbito "económico e social" é "enorme", destacou. Por iso expresou o seu desexo de que canto antes se "poidan dar datas concretas da restauración, rehabilitación e apertura da estrada". 

Cumio do corredor atlántico

A conselleira de Infraestruturas tamén falou do cumio que o 27 de xaneiro en Santiago xuntará os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León.

Segundo Ethel Vázquez, nesa cita evidenciarase a fronte común destas tres comunidades para esixirlle ao Estado un trato "xusto" para o corredor atlántico de mercadorías sobre todo en comparación co corredor mediterráneo.

A conselleira admite que están "preocupados" e di botar en falta avances nos compromisos feitos polo Ministerio de Transporte,s xa que aínda non nomeou "comisionado" nin hai redactado un plan director. 

"Non hai avances nin no nomeamento do comisionado -que é fundamental para avanzar na interlocución, no diálogo e na concreción de investimentos- e tampouco vemos avances nun plan director do corredor atlántico do noroeste do que saian os proxectos construtivos que trasladar a Europa. E nese sentido estamos preocupados, queremos reclamar o que é xusto e temos a nosa estratexia conxunta, das tres comunidades, para triplicar o tráfico de mercadorías por ferrocarril".

Entrevista completa na Radio Galega

Revisión dos prezos da obra pública

A conselleira de Infraestruturas calcula un sobrecusto duns "30 millóns de euros" provocado pola inflación na contratación de obra pública da Xunta.

Ethel Vázquez facía esta estimación ao se lle preguntar polo montante que poden supor as 38 solicitudes recibidas pola Xunta para revisar prezos en obras públicas por mor da situación económica actual.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade