Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estupor en Begonte e Ordes polas condicións en que traballaban e vivían 82 inmigrantes ilegais

Estupor en Begonte e Ordes polas condicións en que traballaban e vivían 82 inmigrantes ilegais

Hai tres persoas investigadas por un delito contra os dereitos dos traballadores

G24.gal 30/01/2025 14:38

Continúa o estupor e a indignación despois de que a Garda Civil deu a coñecer os detalles de como traballaban 82 inmigrantes nunha plantación de arandos de Begonte, que ademais aloxaban en condicións infrahumanas nun hotel abandonado de Ordes.

En Begonte foi onde as autoridades descubriron 82 inmigrantes en situación irregular, nunha explotación de arandos dunhas 100 hectáreas. 

A noticia caeu por sorpresa para moitos veciños da zona, que descoñecían como se traballaba nesas parcelas.

A investigación iniciouse a raíz da denuncia dunha muller, que informou da chegada de preto dun centenar de persoas ás instalacións dun antigo hotel abandonado do concello coruñés de Ordes, e dun camioneiro senegalés, que tamén viu estas persoas desorientadas e que alertou unha oenegué. Cando chegaron viron que se trataba dun antigo prostíbulo no que non tiñan nin luz nin auga nin comida.

"Atopamos unha especie de zona diáfana toda sucia con colchóns tirados, neveiras abertas e unha cociña industrial que non estaba ben. Era un antigo club que levaba tempo pechado e era unha infravivenda", explica Saray Durán, directora da ONG Ecos do Sur.

Con todo, para outros veciños de Begonte a nova non causou tanta sorpresa. 

A operación da Garda Civil realizouse en agosto, e coincidiu cun cambio de empresas na xestión e explotación dos terreos. Agora unhas e outras, con subcontratas e tamén empresas de traballo temporal polo medio, sinálanse entre si e polo momento hai tres persoas investigadas por un delito contra os dereitos dos traballadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade