Estudan como conservar as pinturas do templo de Santalla de Bóveda, sometidas a humidade e frío
É unha construción tardorromana que foi aproveitada tamén como basílica cristiá
Estivo soterrada durante anos ata hai un século, cando comezaron as primeiras investigacións
O templo de Santalla de Bóveda é moi singular, comezando pola súa orixe pagá, tardorromana.
Complicado traballar sen datos máis exactos, así que o primeiro é facer un plan director que indique o modo axeitado de conservar o lugar. Inclúe realizar un modelo virtual.
O vindeiro ano cúmprese o centenario do seu descubrimento.
Foi o párroco de entón o que deu a voz de alarma ao ver que o solo da igrexa construída enriba cedía.
Ao escavar deron co templo, que desde aquela non deixa de sorprender.
Está abovedado e distribuído en tres estancias, e todas elas decoradas con pinturas que aínda se conservan a pesar da humidade e o frío.