Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estrea goleadora de Gabri Veiga co Al Ahli

Estrea goleadora de Gabri Veiga co Al Ahli

O xogador da canteira do Celta tardou seis minutos en marcar, pero o seu equipo perdeu por 5-1

G24.gal 03/09/2023 14:11

Tivo un comezo prometedor o ex-xogador do Celta Gabri Veiga. Aos seis minutos do partido, o Al Ahli conseguiu marcar ao rematar unha falta lanzada por Mahrez. 

Foi un espellismo, porque o Al Fateh deulle a volta ao marcador de xeito contundente e gañou con facilidade (5-1). Tres dos goles que propiciaron a primeira derrota do Al Ahli foron desde o punto de penalti. O cadro de Gabri Veiga sumara ata o de agora o pleno de triunfos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos