Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ferido en Vilagarcía tras estouparlle a batería dun barco na cara

Un ferido en Vilagarcía tras estouparlle a batería dun barco na cara

O ácido da batería provocoulle queimaduras na cara e no pescozo

Foi a vítima, un home de 50 anos, quen chamou a emerxencias

G24.gal 20/05/2025 14:17

Unha persoa queima parte da cara e do pescozo con ácido despois de estouparlle a batería dun barco. Sucedeu en Vilagarcía e foi a propia vítima, un home de 50 anos, quen avisou a emerxencias.

Pasaban das dúas da tarde de onte cando se produciu o estoupido da batería dentro do barco.

"Parece ser que a tapa da batería, cando se desprendeu, non impactou na persoa, pero si a proxección do ácido" explica o xefe de Emerxencias do Concello de Vilagarcía de Arousa, Francisco Javier Guillán.

O home chamou o 112 e dirixiuse correndo á autoridade portuaria, moi pretiño da dársena. A sorte quixo que alí estivesen impartindo un curso efectivos de emerxencia de Vilagarcía.

"A casualidade quixo que dous compañeiros que estaban fóra de servizo pero estaban impartindo unha formación alí, foran os primeiros en auxiliar á persoa", indica Guillán.

E tamén ter unhas lentes que evitaron que o ácido lle afectara os ollos. O home foi atendido despois das feridas na cara e pescozo no Hospital do Salnés. 

Parece que a batería que estoupou a colocara un mecánico horas antes do sucedido, pero, polo de agora non se saben as causas. A batería permanecía esta mañá neutralizada na dársena á espera de ser retirada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade