Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este mércores comezan a desmontar os piares do viaduto caído na A-6

Este mércores comezan a desmontar os piares do viaduto caído na A-6

Os traballos desenvolveránse durante un mes en Vega de Valcarce, provincia de León

Ademais da desmontaxe, analizaranse as mostras dos entullos para saber a orixe da derruba

G24.gal 20/09/2022 16:40

 O Ministerio de Transportes comeza este mércores a desmontaxe dos piares 1 e 2 do viaduto do Castro, na A-6.

Os traballos vanse desenvolver na A-6, en Vega de Valcarce, provincia de León, a poucos quilómetros da entrada en Galicia por Pedrafita.

Unha vez retiradas os piares, “procederase á análise e á toma de datos dos restos do taboleiro do van dous, xa demolido, para o que será preciso habilitar os camiños de acceso necesarios”.

Así mesmo, “tamén se procederá á realización de ensaios sobre as pilas desmontadas”, mentres que “a retirada dos entullos do van demolido realizarase en paralelo coa toma de datos dos mesmos”.

O prazo previsto para o desmonte das pilas “estímase nun mes aproximadamente”.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade