Este martes, día grande do Entroido, enche de diversión as vilas e aldeas de Galicia
Vilaboa acolle os desfiles de Madmas e Galáns, hai fulións en Manzaneda, saen os cigarróns en Verín, os Galos na Mezquita e os foliaterios por Lobios e nas cidades prepáranse tamén grandes desfiles
Este martes de Entroido, é quizais o día máis agardado do ano en moitos puntos da provincia de Ourense. Por exemplo, en Manzaneda.
Antes de entrar na vila, os fulións piden permiso para desfilaren.
Á ronda de fulións de Manzaneda acoden os de aquí e os da contorna.
Bombos, tambores, chocas... É imposible non entrar no día grande deste Entroido de sempre que non houbo que recuperar porque sempre se fixo así.
Acoden sen falta os de máis idade... e os de menos. As mázcaras son as protagonistas, unha figura colorida con puchos que poden chegar a medir un metro.
Hai quen di que este é o mellor día do ano.
A Manzaneda acoden tamén dos concellos lindeiros e apareceron desta volta, por exemplo, os boteiros de Vilariño de Conso.
Ourense non para no martes de Entroido.
En Verín saen pola tarde os cigarróns, os Galos na Mezquita e os foliaterios por Lobios...
A veciñanza cos seus disfraces percorre as rúas de Barbadás, Carballeda de Avia, Maceda, ...
En Laza fan o testamento do burro e no longo Entroido de Xinzo será a última ocasión en que se poidan ver as pantallas este ano no seu máximo esplendor, no gran desfile que comeza ás cinco da tarde.