Cargando resultados...
Estabilizado o lume dos Ancares despois de arder máis de 150 hectáreas
Os veciños de Comeal, en Cervantes, non dubidan de que foi intencionado logo de escoitaren uns estouridos que precederon o lume
G24.gal
17/08/2025 14:30
Estabilizado o incendio dos Ancares, despois dun lume que comezou a madrugada deste sábado a poucos metros da aldea de Comeal, no concello de Cervantes.
Os veciños desta localidade non dubidan da intencionalidade do mesmo despois de escoitaren unhas detonacións que precederon os diversos focos que, segundo nos contan, iniciaron o lume sobre as cinco e media da mañá.
Malia os esforzos dos equipos de extinción e o dos voluntarios, as lapas arrasaron con máis de cento cincuenta hectáreas.
O lume está estabilizado, pero continúa o fume e tamén a cinsa en suspensión, que fai o aire irrespirable.