Estabilizado o incendio de Laza, non queda ningún activo en Galicia
O incendio de Laza leva queimadas unhas 2.100 hectáreas
Extinguido o lume do Irixo, Carballeda, A Gudiña e Boborás
Estabilizado o lume que levou por diante a capela de Santa Ana en Oímbra
Os incendios na provincia de Ourense son os que concentran nestes momentos a máxima atención dos dispositivos contraincendios, aínda que a situación está mellorando.
Este serán, contra as 20:30 horas quedaba estabilizado o incendio de Laza. Un incendio que levaba ardendo 6 días e que leva queimadas 2.100 hectáreas. Estabilizado este lume agora non queda ningún lume activo en Galicia.
ESTABILIZADO o #IFLazaChandrexa.
— incendios 085 (@incendios085) August 15, 2022
Contras as 18.30 desta tarde Medio Rural daba por controlado incendio da parroquia de Campobecerros no concello de Castrelo do Val tras arrasar 175 hectáreas.
CONTROLADO o #IFCampobecerrosCastrelo.
— incendios 085 (@incendios085) August 15, 2022
Foi este o último dos lumes en declararse, pasadas as 22:00 horas deste domingo, e Medio Rural asegura que no seu inicio detectáronse varios focos polo que todo apunta a súa intencionalidade
O lume do concello de Riós quedou establizado o que comezou a arder no monte este domingo á tarde na parroquia de Fumaces, e afecta tamén ás da Trepa e a propia de Riós, que lle dá nome ao concello. En total leva calcinadas unhas 103 hectáreas segundo o último reconto realizado por Medio Rural.
ESTABILIZADO o #IFFumacesRiós. Tras unha nova medición, a superficie afectada é de 103 hectáreas estimadas.
— incendios 085 (@incendios085) August 15, 2022
A alcaldesa de Riós, Eva Barrio, en declaracións aos servizos informativos da Televisión de Galicia, xa aseguraba que a situación mellorara durante a noite, pero que os medios de extinción aínda tiña traballo por diante.
Tamén na provincia de Ourense, o incendio iniciado no concello de Oímbra, na parroquia das Chás, quedou estabilizado, segundo informa o Twitter da Xunta, @incendios085. Leva queimadas 70 hectáreas. Alí o lume arrasou por completo a capela de Santa Ana. Tan só quedaron en pe as paredes, de pedra.