Cargando resultados...
Estabilizado o incendio de Carballeda de Avia, co que baixan a cinco os incendios activos

G24.gal
21/08/2025 13:01
Última actualización 21/08/2025 20:31
A Consellería do Medio Rural informa de que se deu por estabilizado o incendio que afectaba o municipio ourensán de Carballeda de Avia, co que baixan a cinco os focos activos este xoves.
O incendio orixinouse o venres 15 na parroquia de Vilar de Condes e acabou por unirse a outro foco rexistrado o mesmo día na localidade de Beade, na parroquia das Regadas.
Segundo as últimas estimacións, o incendio afectou a unhas 4.000 hectáreas, parte delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia. Traballan na zona tres técnicos, 73 axentes, 125 brigadas, 79 motobombas, catro pas, dúas unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 12 avións.