Cargando resultados...
Esta noite, final do XXXI Concurso de Murgas de Pontevedra
Tres grupos de Pontevedra e dous do Grove competirán non Pazo da Cultura

G24.gal
23/02/2023 09:04
O Salón de Cultura do Concello de Pontevedra acolle hoxe ás nove da noite a gran final do Concurso de Murgas. Xa van 31 edicións desta competición que combina humor, sátira e crítica social e que volveu con forza tras a parada dos anos de pandemia.
Ata dez agrupacións competiron nas eliminatorias por ser as máis enxeñosas do Entroido pontevedrés. Esta noite saberase cal ten máis arte.