Publicador de contidos

Esta madrugada cambia a hora: os reloxos atrásanse, ás 3 serán as 2

Esta madrugada cambia a hora: os reloxos atrásanse, ás 3 serán as 2

Ás tres hai que atrasar o reloxo unha hora


G24.gal 30/10/2021 20:01

Cada último domingo de outubro repetimos este mesmo xesto, atrasamos as agullas do noso reloxo para que ás tres da mañá volva marcar as dúas, de tal xeito que o domingo terá unha hora máis.

Tendo en conta que no verán hai seis horas máis de luz, esta modificación horaria faise en todos os países da Unión Europea, fundamentalmente para axustar a xornada laboral ás horas de luz natural.

Permaneceremos neste horario ata que en marzo adiantemos unha hora o reloxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar