Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esquecen un neno de catro anos nun autobús escolar de Meira

Esquecen un neno de catro anos nun autobús escolar de Meira

Ninguén se decatou de que non baixou no colexio e acabou saíndo do vehículo cando parou nunha gasolineira

G24.gal 29/09/2022 11:48

Un cativo de catro anos botou unha hora no autobús escolar porque se despistou e non baixou no colexio. Ninguén se decatou, nin o acompañante escolar nin o condutor. Así que, o chofer seguiu o seu camiño co neno dentro, sen sabelo.

Cando unha hora despois parou a carón dunha gasolineira, o neno aproveitou para saír do autobús pola porta do condutor. Vírono os veciños, auxiliárono e levárono eles mesmos ao centro.

A familia renunciou a presentar denuncia porque ao final non lle pasou nada e todo quedou nun susto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar