Publicador de contidos

Publicador de contidos

Espectáculo e goles na estrea da temporada no fútbol alemán

Espectáculo e goles na estrea da temporada no fútbol alemán

O Bayern gañoulle ao Lepzig por 3-5

O galego Hugo Novoa xogou o último cuarto de hora

G24.gal 31/07/2022 09:17

Moito fútbol e goles na estrea oficial da liga en Alemaña. Un bo aperitivo este Bayern-Leipzig da Supercopa que rematou co triunfo do Bayern por 5-3. 

Ao descanso o resultado era de 3-0 (Musiala, Mané e Pavard). Reaccionou o Leipzig que chegou a poñerse cun 4-3 co engadido por diante pero Leroy Sané sentenciou no tempo de compensación.

O dianteiro de Bertamiráns Hugo Novoa xogou os últimos quince minutos e Angeliño non entrou na convocatoria a última hora no medio do ruxe ruxe do seu traspaso ao Hoffenheim. 

Bayern 5 (Musiala 14', Mané 31', Pavard 45', Gnabry 65', Sané 98')

Leipzig 3 (Halstenberg 59', Nkunku 77', Olmo 89')

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar