España quere facer historia no partido de oitavos diante de Suíza
Ten a posibilidade de superar unha eliminatoria por primeira vez nun Mundial feminino
Esquecida a derrota diante do Xapón (4-0) que lle custou a primeira praza do grupo, España céntrase no compromiso diante de Suiza coa que se enfrontará nos oitavos de final do Mundial de Australia e Nova Zelandia.
Pode ser unha data histórica para o fútbol feminino español que nunca superou unha eliminatoria nunha cita mundialista. Hai uns días as caras eran moi longas despois do nefasto partido contra as xaponesas, pero unha vez visto o que aconteceu nos outros grupos coa eliminación de potencias como Alemaña ou O Brasil, a percepción do campionato mudou.
Fíxoo para todos os equipos, en especial para unha España que volve verse con forzas para acadar cotas nunca acadadas. Suiza tampouco viña como favorita no seu grupo (Noruega parecía máis potente) e semella un equipo asequible para as de Vilda.