Publicador de contidos

Publicador de contidos

España golea a Bélxica (1-5) e queda a un punto das semifinais da Liga das Nacións

España golea a Bélxica (1-5) e queda a un punto das semifinais da Liga das Nacións

Esther e Athenea marcaron cadanseus dous goles, e completou a manciña Alba Redondo

Foto: EFE
G24.gal 31/05/2025 12:26

A selección feminina achégase ás semifinais da Nations League tras golear a Bélxica no penúltimo partido da fase de grupos. Foi un monólogo das de Montse Tomé, que acumularon ocasións ata que Esther conseguiu ver porta no minuto 36 tras o gran pase de Mariona Caldentey. Porque España saíu coas mellores, xogaron oito das que disputaron a final da Champions o sábado pasado.

Houbo que agardar á última media hora para completar a goleada. Esther repetiu no 64. E Athenea del Castillo fixo dobrete en dous minutos ao aproveitar dous erros da defensa belga. O 0-3 no 78 e o 0-4 no 79. Alba Redondo, tras a asistencia de Salma Paralluelo, pechou a manciña. E Bélxica acadou o gol da honra no 88. Un empate ante Inglaterra o martes dálles o pase á Final a catro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade