España gaña en Suíza e mantén as posibilidades na Liga das Nacións
España gaña en Suíza e mantén as posibilidades na Liga das Nacións
Primeira vitoria para os de Luis Enrique, que pasan a ser segundos, a dous puntos de Portugal
España afrontará a segunda volta do seu grupo na Liga das Nacións con posibilidades de ser primeira logo do triunfo por 0-1 no campo das Charmillas de Xenebra. Un solitario gol de Pablo Sarabia no minuto 13 de partido chegoulle aos de Luis Enrique para acadar o primeiro triunfo desta fase.
Volveu a ser un partido pouco brillante, encamiñado moi cedo pero nin esa circunstancia permitiu que España se soltase e amosara a súa mellor versión. O primeiro tempo foi de dominio español, cunha boa presión alta que impediu os achegamentos de Suiza. A pega, ese control non se reflictiu en oportunidades.
Os mellores minutos de Suiza coinciden co inicio do segundo tempo. Shaqiri é o que lidera a ofensiva suiza pero España aguanta e arrefría o partido. Houbo bos achegamentos protagonizados por Llorente (64') e Asensio (81') sen sorte. No 86' unha saída lamentable de Unai Simón a piques estivo de rematar no empate de Embolo e no 93' Sow rematou desviado a última oportunidade local.
Portugal, que se impuxo á República Checa con goles de Joao Cancelo e Gonçalo Guedes (2-0) ocupa a primeira posición con 7 puntos. España ten 5 e a República Checa queda con 4. Suiza pecha o grupo sen puntuar.