Goleada histórica de España nun mundial: 7-0 ante Costa Rica
Marcaron: 2 Ferrán Torres, Asensio, Dani Olmo, Gavi, Soler e Morata
Foto EFE
A selección de española logrou a súa maior goleada nun mundia: 7-0 ante Costa Rica no estadio Al Thumama de Doha. Dani Olmo, nunha sensacional xogada persoal, picando o balón por encima de Óscar Duarte antes de culminar, abriu o marcador no undécimo minuto; Marco Asensio, cun disparo da raia, ampliou a vantaxe dos de Luis Enrique no 21; e Ferrán Torres, de penalti, dez minutos despois, colocou o 3-0 co que se chegou ao descanso.
Torres repetiu gol no 54 e Gavi colocou o 5-0 no 74. Carlos Soler, no 90, e Morata, no 92, redondearon o marcador, deixándoo no definitivo 7-0 para o equipo que dirixe Luis Enrique, que supuxo ao mesmo tempo a vitoria máis ampla de España nun Mundial.
O próximo partido será o domingo ante Alemaña.
España hace HISTORIA 💫
— Gol Mundial (@Gol) November 23, 2022
⚽️ @AlvaroMorata contribuye en la mayor goleada de la Roja en un Mundial#GolMundial pic.twitter.com/lLM7MnRsnI