España afronta en Tiflis un partido fundamental no camiño cara a Eurocopa
A selección fará este xoves o último adestramento antes dun partido que precisa gañar
A selección española realizou este mércores o seu último adestramento na Cidade do Fútbol e logo marchou rumbo a Tiflis, onde o venres disputará un partido fundamental na clasificación para a Eurocopa de 2024.
Centrados no deportivo e illados do ruído que estes días acompañou a concentración, os xogadores teñen o punto de mira en Xeorxia e a obriga de gañar para corrixir a marcha no grupo. España é penúltima, con dúas xornadas disputadas menos que os seus rivais directos, logo da vitoria ante Noruega e a derrota en Escocia.
Gavi adestrou cun casco protector e Laporte está á marxe do grupo, por tanto a súa presenza parece imposible. De la Fuente non deu pistas do equipo titular e realizará o último adestramento este xoves ás 17:00.