Cargando resultados...
España adéstrase na previa do partido en Xeorxia sen botas nin luvas
O seleccionador Luis de la Fuente non se fía do emerxente equipo local
G24.gal
07/09/2023 20:10
A selección española adestrouse este serán en Xeorxia, aínda que houbo un contratempo. O baúl que debía levar as botas dos futbolistas e as luvas dos porteiros estraviouse, quedou en Madrid.
Así que os internacionais tiveron que adestrarse en Tiflis con zapatillas de deporte, unha situación que condicionou a sesión.
Veremos se Lamine Yamal debuta coa absoluta.
España é favorita pero Luis de la Fuente non se fía da emerxente Xeorxia.