Publicador de contidos
Publicador de contidos

España acada a primeira vitoria na Liga das Nacións por goleada (1-4) e con dez

España acada a primeira vitoria na Liga das Nacións por goleada (1-4) e con dez

Joselu abriu a conta en Xenebra cun gol pantasma

Suíza puido empatar tras a expulsión de Le Normand, pero non finalizou a tarefa

Fabián e Ferrán sentenciaron no treito final

Foto: EFE
G24.gal 08/09/2024 22:43

España estreou o recadro de vitorias nesta Liga das Nacións na segunda xornada, logo do empate inaugural en Serbia. Fíxoo nun partido en Suíza que se puxo de cara con dúas decisións do VAR. Validar o gol pantasma do galego Joselu, que abría a conta, e anular o empate de Omerajic só dous minutos despois por unha man previa. E resultou chave tamén o 0-2, obra de Fabián logo dunha contra en que non puido definir Nico Williams.

O partido transcorría placidamente ata a expulsión de Le Normand con cartón vermello, noutra decisión validada polo vídeo. O saque de falta posterior estrelouse no traveseiro e deu inicio á reacción suíza, que se plasmou no marcador no minuto 40 cun gol de Amdouni.

Á volta de pausa, outro susto: un gol anulado aos suízos, que estaban cerca do empate. Pero a reacción final de España foi fulgurante. Unha acción de Ferrán pola dereita, con asistencia a Fabián para o segundo da súa conta, e un envío para Ferrán que quedou totalmente só diante do porteiro e non perdoou. Todo en só catro minutos para certificar a goleada de España, 1 a 4 en Suíza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade