Publicador de contidos

Publicador de contidos

España arbitrará entre o norte e o sur da UE a reforma das normas do déficit

España arbitrará entre o norte e o sur da UE a reforma das normas do déficit

O obxectivo é pechar as novas regras fiscais en outono e que entren en funcionamento en 2024

Os ministros de Economía e Finanzas acordaron por unanimidade seguir apoiando a Ucraína

Calviño preside o primeiro Ecofin da Presidencia española da UE
G24.gal 14/07/2023 20:57 Última actualización 14/07/2023 21:06

España e a Comisión Europea confían en pechar un acordo sobre as novas regras fiscais europeas en outono e que estean en funcionamento coa entrada do 2024. O pacto, porén, non semella tan doado polas posturas enfrontadas entre máis dunha ducia de socios comunitarios. No aire tamén está a posible ampliación dos orzamentos da UE.

Hai consenso en seguir axudando a Ucraína pero non en como financiala. Serían necesarios case 70.000 millóns extra que pide a Comisión para os orzamentos comunitarios. Pero unha ducia de países non quere enviar máis cartos a Bruxelas.

É unha das duras batallas que debe arbitrar España nos vindeiros seis meses e que se viviu no Ecofin deste venres. Aínda así, a vicepresidenta Nadia Calviño e o comisario europeo de Economía Paolo Gentiloni amosáronse optimistas.

Os ministros europeos de Economía tamén debateron sobre a reforma das normas fiscais. A presidencia española propuxo dividila en catro piares: equilibrio institucional, garantías comúns, marxe para os investimentos e que as capitais teñan maior voz. O resto dos ministros aceptaron por unanimidade a estratexia ofrecida por Nadia Calviño. Pero as diferenzas son de fondo, entre países que queren máis sancións para os incumpridores do déficit e o bloque que aposta por incentivos aos investimentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos