Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esixen na Coruña que cese a caza do raposo e os campionatos cinexéticos

Esixen na Coruña que cese a caza do raposo e os campionatos cinexéticos

En Galicia morren cada temporada uns 12.000 animais

G24.gal 22/01/2022 19:39

Un cento de persoas saíron á rúa na Coruña para protestar contra a caza do raposo, unha práctica que en Galicia deixa arredor de 12.000 animais mortos cada temporada.

A manifestación convocárona o Partido Animalista PACMA e a asociación Free Fox, que volveron esixir a eliminación dos campionatos cinexéticos. Os participantes concentráronse no Obelisco e desde alí camiñaron ata a praza de María Pita.

Cualificaron de violenta e de innecesaria a veda que se abre durante seis semanas entre xaneiro e febreiro para a caza legal do raposo. 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade