Cargando resultados...
Escolares lanzan ao espazo unha cápsula elaborada por eles mesmos para recoller datos
É a sétima sonda que se lanza a través do proxecto Nosa da Axencia Espacial Escolar Galega
A sonda vai equipada con cámara, sensores de presión, temperatura ou ozono
G24.gal
20/05/2025 14:41
Escolares lanzan ao espazo unha cápsula elaborada por eles mesmos para recoller datos biolóxicos, sobre o clima.
É a sétima sonda que se lanza a través do proxecto Nosa da Axencia Espacial Escolar Galega. A sonda vai equipada con cámara, sensores de presión, temperatura ou ozono. Voou a máis de 30.000 metros de altura durante case dúas horas.
Marumat, cos pés na Terra e os ollos nas estrelas é un proxecto conxunto no que participan sete centros de toda Galicia.