Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan sen incidentes un centro social ocupado na zona histórica de Santiago

Desaloxan sen incidentes un centro social ocupado na zona histórica de Santiago

Ducias de persoas protestan, sen incidentes, contra a desocupación do inmoble

G24.gal 23/01/2026 09:47 Última actualización 23/01/2026 15:03

Axentes da Policía Nacional, nunha despregadura numerosa, procedeu a desaloxar este venres un edificio do centro histórico de Santiago de Compostela, que ata o de agora o era o centro social ocupado Escárnio e Maldizer, empregado para a organización de numerosas actividades culturais e de lecer.

A policía acompañou á comitiva xudicial, que debía facer efectivo o desaloxo, para asegurarse de que se producía sen incidentes. Os axentes foron os primeiros en acceder ao inmoble, onde non había xa ninguén, e a continuación entraron os funcionarios xudiciais.

Mentres tanto, un cento de persoas concentráronse en contra o desaloxo deste edificio, situado no número 11 da rúa da Algalia de Arriba.

Cunha pancarta co lema "fose especuladores dos nosos barrios" e cánticos como "dez, cen, mil centros sociais", "edificio abandonado, edificio expropiado" e "un desaloxo, outra ocupación" expresaron o seu rexeitamento desde a Praza de Cervantes pasadas as 08:30 horas.

Esta era unha das convocatorias programadas para hoxe (hai outra prevista para ás 20:00 horas) tras coñecerse a orde de desaloxo emitida polo Xulgado de Primeira Instancia número 2. 

Desde as 08:00, decenas de persoas acudiron á Praza de Cervantes, onde permaneceron durante media hora practicamente en silencio e vixiadas por catro axentes. Mentres, o acceso á rúa onde se sitúa o edificio permanecía cortado por dous axentes, que só deixaban a acceder a xente que traballase na zona e a prensa, baixo previa acreditación.

(Europa Press) (Europa Press)

O colectivo lamentaba nas súas redes sociais nos pasados días o desaloxo do "último centro social ocupado urbano de Galiza": "Parece que se pechan todas as portas, pero quédanos moito por dar e construír. A nosa rabia sempre atopa camiños para manifestarse, por moito que tenten tapala".

"Nese centro social, facíanse actividades culturais e políticas". "Cursos, palestras, eventos, mercados, concertos. Orotestamos polo desaloxo", defenden as voceiras.

Marchan obrigados, como quixeron demostrar coa concentración a poucos metros do edificio.

"Esta cidade está vivindo un proceso de xentifricación dos barrios. A hiperturistificación da cidade, o peche de comercio local e a apertura de franquicias forma parte do mesmo xogo", engade unha das mozas.

A policía identificou preto de 20 persoas mentres ao outro lado do cordón policial caía un símbolo, a bandeira que ondeaba no alto do edificio.

"Está moi mal, en ruínas, con todo tirado, mal, desfixeron todo. O mobiliario está todo desfeito", lamenta o representante dos propietarios.

Os propietarios, tres particulares da cidade, queren evitar unha terceira ocupación.

"Vai haber seguridade e alarmas. Queriamos tapiar pero van entrar igual, se queren", confirma.

E despois que?

"Ata o de agora non fixeron mal, facían actividades. O que está por ver é en que vai quedar ese edificio, se vai ter algún uso ou vai ser un edificio baleiro sen beneficio para o barrio", advirte Pablo Couceiro, libreiro da zona. 

Escarnio e Maldizer vaise concentrar outra vez pola tarde, ás oito, sen descartar outra ocupación.

"Un desaloxo, outra ocupación", corean os manifestantes.

En 2014, como denuncia do segundo desafiuzamento da Sala Yago, un grupo de persoas ocupou este novo espazo. En maio de 2017, a Policía Nacional efectuou un novo desaloxo, que derivou nunha serie de protestas, que se saldaron con varios detidos, cargas policiais e trasladados a comisaría para a súa identificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade