Cargando resultados...
Erik Quintela renova ata o 2026 co Breogán
O capitán do equipo lucense prolonga o contrato o día do inicio dos adestramentos

G24.gal
14/08/2023 21:47
O comezo dos adestramentos no Breogán trouxo unha boa nova. A renovación de Erik Quintela, o capitán, ata o 2026. De corazón lucense, o maior dos irmáns Quintela (fai este xoves os 32 anos) tivo que traballar moito para consolidarse no club da súa vida co que está vivindo este momento doce.
Saíu de Lugo no 2013 con destino a Portugal e traballou moito en Cambados, Clavijo ou Palma ata que foi reclamado polo Breogán en 2020. O primeiro ano ascendeu á ACB e, desde entón, non fixo máis que medrar na elite do baloncesto español ata esta temporada na que xogarán competición europea por segunda vez na súa historia.