Publicador de contidos

Publicador de contidos

Erdogan declárase vencedor das eleccións en Turquía cun 52 % dos votos

Erdogan declárase vencedor das eleccións en Turquía cun 52 % dos votos

O reconto amosa un resultado do 52 % para Erdogan e do 48 % para o seu rival socialdemócrata Kemal Kiliçdaroglu 

Estes datos teñen lugar co 99 % dos votos escrutados

Unhas eleccións nas que estaban chamados a votar uns 61 millóns de persoas

G24.gal 28/05/2023 20:12 Última actualización 28/05/2023 20:41

O xefe do Estado e de Goberno, Recep Tayyip Erdogan, declarouse este domingo vencedor das eleccións presidenciais en Turquía. O reconto da axencia oficialista Anadolu e a independente ANKA amosan un resultado do 52 % para Erdogan e dun 48 % para o seu rival o socialdemócrata Kemal Kiliçdaroglu, cando vai o 99 % dos votos escrutados.

"Para os vindeiros cinco anos foinos entregada a responsabilidade de dirixir o país", dixo Erdogan ante os seus seguidores en Estambul tras entonar con eles unha canción.

Erdogan insistiu en que o resultado é un fracaso para o CHP, a formación socialdemócrata de Kiliçdaroglu na oposición, ao igual que aconteceu, dixo, nas eleccións parlamentarias que se celebraron xunto á primeira volta das presidenciais o pasado 14 de decembro nas que o seu Partido da Xustiza e o Desenvolvemento (AKP) foi o máis votado. 

Tamén lembrou que a seguinte cita coas urnas será en 2024 cando se celebran eleccións municipais no país.

"Estades preparados para gañar Estambul en 2024? Non paredes, debemos seguir traballando", dixo alentando os seus seguidores nun discurso.

Como xa fixo durante a campaña Erdogan dixo que os seus opoñentes, o partido CHP e os seus aliados como o nacionalista IYI e o izquierdista HDP están "infiltrados polo LGBTI" dando a entender que por iso apoian os dereitos dos homosexuais.

"Para nós a familia é sagrada", declarou o presidente reelixido durante o discurso.

Volveu reiterar a súa promesa de reconstruir dentro dun ano as casas das vítimas do tremor do pasado mes de febreiro e insistiu en que do mesmo modo que "fomos leais durante 20 anos, serémolo outros 5 anos máis".

Tras concluir esta primeira comparecencia en público, o mandatario voou cara Ankara onde terá lugar o habitual discurso desde o balcón do palacio presidencial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade